Map Graph

Gran Glasgow

Gran Glasgow é unha área urbana de Escocia formada por tódalas localidades que se atopan a carón da cidade de Glasgow, formando con ela unha única zona urbana. Non ten efectos no goberno municipal, e a súa extensión territorial, definida pola Oficina de Rexistro Xeral de Escocia, ten fins censais e estatísticos. Gran Glasgow tiña unha poboación de 1 199 629 no censo de 2001, mconverténdose na maior área urbana de Escocia e a quinta do Reino Unido.

Read article